Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 12 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución de expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que figura nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no articulo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente figura no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial de Vigo.

Nº de expediente: 2013/61-5.

Interesada: Nieves Nieto Lorenzo.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación de resolución administrativa do 13 de maio de 2013.

Vigo, 12 de xuño de 2013

María Peón Fernánde
Xefa territorial de Vigo