Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas para a proxección e execución dos aparcadoiros disuasorios ligados ao fomento do transporte público nos ámbitos metropolitanos da Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense.

De conformidade co previsto no artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 251, do 31 de decembro), dáse publicidade á encomenda de xestión da Dirección Xeral de Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas para a proxección e execución dos aparcadoiros disuasorios ligados ao fomento do transporte público nos ámbitos metropolitanos da Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense, coas características que a seguir se relacionan:

– Actividade. A Axencia Galega de Infraestruturas asistirá o órgano de contratación na licitación pública para a contratación da redacción dos proxectos necesarios e da execución das obras derivadas deles, así como do seguimento e dirección técnica dos traballos tanto na dirección dos proxectos como na execución das obras.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intrasubxectiva ao ser a Dirección Xeral de Mobilidade e a Axencia Galega de Infraestruturas dous órganos dependentes da mesma consellería.

– Prazo de vixencia. O período de vixencia desta encomenda comezará o 24 de maio de 2013 e rematará coa recepción das obras, máis un prazo adicional de tres meses para a emisión da certificación final.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda finánciase nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e encádrase no eixe 4 (transportes e enerxía, na medida 4.26).

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas