Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo suxeito a regulación harmonizada para a elaboración de mapas de perigosidade e risco de inundación para Galicia-Costa: zona hidrográfica de Galicia Sur, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: OH.088.328.SV.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: elaboración de mapas de perigosidade e risco de inundación para Galicia-Costa: zona hidrográfica de Galicia Sur.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea nº S131, do 11 de xullo de 2012; Diario Oficial de Galicia nº 133, do 12 de xullo de 2012 e Boletín Oficial del Estado nº 172, do 19 de xullo de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 271.796 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 271.796 euros. Importe total: 320.719,28 euros. Cofinanciado polo Feder nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos), actuación 3.53.6: estudos encamiñados a determinar as potenciais zonas de inundación e a localizar os contornos degradados, propoñendo medidas para paliar estes problemas. Unha maneira de facer Europa.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26 de marzo de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 13 de xuño de 2013.

c) Contratista: Consulting e Ingeniería Internacional, S.A. (CIISA)-Intecsa-Inarsa, S.A. Unión Temporal de Empresas Lei 18/1982.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 225.986,89 euros. Importe total: 273.444,14 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nas cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil de contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2013

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia