Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de xullo de 2013 polo que se procede á notificación por comparecencia de requirimentos de documentación previa á adxudicación dos contratos administrativos de clave OH.336.997 e OH.215.998.

En relación cos actos administrativos de requirimentos de documentación previa á adxudicación duns contratos administrativos, de conformidade co establecido no artigo 151.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público e, ante o resultado negativo de dous intentos de notificación destes requirimentos referidos nos contratos administrativos de clave OH.336.997 e OH.215.998 no enderezo sinalado pola empresa Roymer Obra Civil, S.L. e no enderezo a que foron reexpedidas pola oficina de Correos as ditas notificacións falladas, e para que sirva de notificación dos referidos requirimentos, emprázase a dita empresa para que compareza ante a entidade pública Augas de Galicia, situada na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo en Santiago de Compostela, en horario de oficina de luns a venres, desde as 9.00 ás 14.00 horas, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Se transcorrido o dito prazo non comparecese o interesado, a notificación dos actos administrativos a que se refire este anuncio entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, remitirase este anuncio de notificación por comparecencia ao concello do enderezo sinalado pola empresa Roymer Obra Civil, S.L. para recibir as notificacións, Concello de Mos, e ao concello do enderezo a que foron reexpedidas polo oficina de Correos as notificacións falladas, Concello de Redondela, para que procedan á colocación, nos seus respectivos taboleiros de anuncios, da notificación de comparecencia dos actos administrativos do requirimento de documentación previa á adxudicación ata o día en que venza o prazo para comparecer sinalado no parágrafo anterior.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia