Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 27036

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baltar

ANUNCIO da aprobación inicial da delimitación dos núcleos de Tosende e As Maus.

Aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno do 27 de xuño de 2013, o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de Tosende e As Maus no concello de Baltar, de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Baltar, 27 de xuño de 2013

José Antonio Feijoo Alonso
Alcalde