Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 27035

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de información pública relativo á legalización de edificacións nunha vivenda rural e un proxecto de hotel apartamento en Belesar.

G de Belesar, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para legalización de edificacións existentes en vivenda rural e proxecto de actividade para hotel apartamento (anexo II do Decreto 133/200/) que se situará no camiño da Quirincosta-Medialdea-Belesar-Baiona. Cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante o mesmo prazo, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dagún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Baiona, 12 de xuño de 2013

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde