Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 346/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Cardelle Jallas contra a empresa APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:
Parte dispositiva.
Dispoño acordar a acumulación destes autos ao procedemento de despedimento nº 90/2013 seguido ante o Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.
Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial e déixese copia testemuñada nas actuacións.
Remítanse os autos a través do oportuno oficio remisorio.
Notifíquese ás partes.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013
A secretaria xudicial