Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 27030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2013 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto, multicriterio, convocado para a selección de oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario con destino á explotación de instalacións de bar-cafetaría e servizos complementarios aos usuarios da estación marítima de Baiona (expediente 13-28-13-C-1).

Mediante Resolución do 10 de abril de 2013, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, polo artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base do disposto na proposta formulada, con data do 20 de abril de 2013, pola mesa de contratación e en cumprimento do previsto no segundo parágrafo do artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG, número 87, do 7 de maio de 2013, para a selección de oferta para a tramitación de concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario con destino á explotación de instalacións de bar-cafetaría e servizos complementarios aos usuarios da estación marítima de Baiona, por falta de licitadores, ao non terse presentado ningunha oferta.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, ou potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente resolución (artigos 116 e 117 da LRXPAC).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia