Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dun contrato non suxeito a regulación harmonizada.

Para os efectos previstos no artigo 154.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

– Servizo, por prezos unitarios, de asistencia pericial aos órganos da Administración de Xustiza en Galicia (catro lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

c) Número de expediente: SEXU 07-08-09-10/EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18353

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo.

b) Descrición: servizo, por prezos unitarios de asistencia pericial aos órganos da Administración de Xustiza en Galicia.

c) Lotes: catro.

Lote 1: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia da Coruña.

Lote 2: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Lugo.

Lote 3: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Ourense.

Lote 4: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Pontevedra.

d) CPV: 71319000-7 servizos de peritaxe.

e) Medios de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 23.1.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato (catro lotes).

400.000,00 euros (IVE excluído), incluídas as posibles prórrogas.

5. Orzamento base de licitación (os catro lotes).

Importe neto: 200.000,00 €.

IVE (21 %): 42.000,00 €.

Importe total: 242.000,00 €, desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: importe sen IVE: 122.440,00 €. Importe IVE (21 %): 25.712,40 €. Total: 148.152,40 €.

Lote 2: importe sen IVE: 27.680,00 €. Importe IVE (21 %): 5.812,80 €. Total: 33.492,80 €.

Lote 3: Importe sen IVE: 12.000,00 €. Importe IVE (21 %): 2.520,00 €. Total: 14.520,00 €.

Lote 4: importe sen IVE: 37.880,00 €. Importe IVE (21 %): 7.954,80 €. Total: 45.834,80 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25 de abril de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 15 de maio de 2013.

c) Contratista: Taxo Valoración, S.L., para os catro lotes.

d) Importe de adxudicación: o importe máximo de adxudicación referido a continuación adecuarase, para cada un dos lotes, aos prezos unitarios ofertados pola empresa adxudicataria.

Importe neto: 200.000,00 €.

IVE (21 %): 42.000,00 €.

Importe total: 242.000,00 €. Desagregado por lotes do seguinte modo:

Lote 1: importe sen IVE: 122.440,00 €. Importe IVE (21 %): 25.712,40 €. Total: 148.152,40 €.

Lote 2: Importe sen IVE: 27.680,00 €. Importe IVE (21 %): 5.812,80 €. Total: 33.492,80 €.

Lote 3: importe sen IVE: 12.000,00 €. Importe IVE (21 %): 2.520,00 €. Total: 14.520,00 €.

Lote 4: importe sen IVE: 37.880,00 €. Importe IVE (21 %): 7.954,80 €. Total: 45.834,80 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza