Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das propostas de resolución de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, a quen non se lle puido facer por correo certificado, as propostas de resolución ditadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número citase no anexo I:

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 19 de xuño de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

Anexo I

Nome

DNI/NIF

Nº expediente

Precepto infrinxido

Último domicilio

Proposta de sanción

Manuel Rodríguez Fernández

34637969

LU-E 205/12

26.e) LO 1/1992

Paseo de Colón nº 5, bloque 1, 5º-F, Foz

90 €