De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, a quen non se lle puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número citase no anexo I.
Desígnase instrutor do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.
O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a sua responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Reglamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Vicepresidencia, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segúndo establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30.9.1996) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG nº 155, do 12 de agosto) e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vicepresidencia, Presidencia Administracións Públicas e Xustiza.
Lugo, 19 de xuño de 2013
José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo
ANEXO I
Nome |
DNI/NIF |
Nº expediente |
Precepto infrinxido |
Último domicilio |
Posible sanción |
Magma Pub, C.B. |
E-27366160 |
LU-E 44/13 |
26.e) LO 1/1992 |
R/ Duquesa de Alba nº 16, Monforte de Lemos |
Ata 90 € |
Yanela Marte Pereira |
X-4178286-Z |
LU-E 45/13 |
26.e) LO 1/1992 |
R/ Huertas nº 20-2º, Monforte de Lemos |
Ata 300 € |
Yanela Marte Pereira |
X-4178286-Z |
LU-E 49/13 |
26.e) LO 1/1992 |
R/ Huertas nº 20-2º, Monforte de Lemos |
Ata 300 € |
Yanela Marte Pereira |
X-4178286-Z |
LU-E 58/13 |
26.e) LO 1/1992 |
R/ Huertas nº 20-2º, Monforte de Lemos |
Ata 300 € |
Yanela Marte Pereira |
X-4178286-Z |
LU-E 61/13 |
26.e) LO 1/1992 |
R/ Huertas nº 20-2º, Monforte de Lemos |
Ata 300 € |
Teatro, C.B. |
E-27292382 |
LU-E 65/13 |
26.e) LO 1/1992 |
Louzaneta nº 47, Lugo |
Ata 300 € |
Canario Ríos, C.B. |
E-27430040 |
LU-E 66/13 |
26.e) LO 1/1992 |
R/ San Roque nº 102 baixo, Lugo |
Ata 300 € |
Pub Druída (César de la Torre Rey) |
E-27377530 |
LU-E 82/13 |
23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992 |
Lg. Mato-Moreira s/n, Chantada |
Ata 450 € |
Os Fillos do Caimán, C.B. |
E-27245166 |
LU-E 47/13 |
26.e) LO 1/1992 |
R/ Ourensa nº 7,5º C, Monforte de Lemos |
Ata 90 € |