Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 14 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se lles notifican ás persoas interesadas os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda, ditados nos expedientes de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias número 32/00284/07 R e 32/50036/10 A.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas citadas no anexo os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda, ditados nos expedientes de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias número 32/00284/07 R e 32/50036/10 A.

As persoas beneficiarias poderán recoller os ditos acordos de inicio no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento do acordo e constancia de tal coñecemento.

Segundo o artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os/as interesados/as poderán presentar cantas alegacións e documentos consideren convenientes. Dispoñen para iso dun prazo de 15 días, que se contarán a partir do día seguinte a aquel en que comparezan para recoller o devandito acordo ou a partir do día seguinte ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que comparezan. Se os/as beneficiarios/as non presentan alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámites, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

1. Procedemento: expediente número 32/00284/07 R, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

– Interesado: Grupo La Laguna de Orense, C.B.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: avenida Ourense, 258, 32630 Xinzo de Limia, Ourense.

2. Procedemento: expediente número 32/50036/10 A, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

– Interesada: Marta Ledesma Ramón.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: Pazo, nº 24, 32896 Muíños, Ourense.