Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26549

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de publicación de bases para diversas axudas e subvencións (13006246, 13006280 e 13006279).

No BOP de Lugo do 28 de xuño de 2013 publicáronse as Bases xerais polas que se regula a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro de carácter veciñal, educativo, profesional e de ambiente para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento de equipamentos-exercicio 2013; as Bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas económicas individuais para o exercicio 2013 para persoas con talento deportivo e as Bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a promoción e fomento do deporte e da actividade física no concello de Lugo-exercicio 2013, aprobadas por Decreto da Alcaldía números 13006246, 13006280 e 13006279, respectivamente, do libro de resolucións da Área de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación do día 21 de xuño de 2013. O que se fai público para os efectos oportunos.

Lugo, 28 de xuño de 2013

José M. Díaz Grandío
Concelleiro delegado da Área de Deportes