Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26310

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 8.3 do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, na súa nova redacción fixada polo Decreto 195/1991, do 30 de maio (DOG do 11 de abril), polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, e segundo o establecido no Decreto 261/1992, do 17 de setembro, polo que se amplía a composición da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, logo da conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Convocar a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que terá lugar o vindeiro 24 de xullo, ás 10.00 horas, na cidade de Santiago de Compostela.

Segundo. A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2013

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que se celebrará o 24 de xullo de 2013, ás 10.00 horas, na cidade de Santiago de Compostela.

1. Constitución da comisión.

2. Informe sobre a Lei da galeguidade aprobada polo Parlamento de Galicia.

3. Presentación do documento de liñas básicas de estrutura dos decretos de recoñecemento da galeguidade, rexistro e órganos de representación do Consello de Comunidades Galegas.

4. Informe do estado actual das accións emprendidas por varias comunidades galegas no referente aos correspondentes procesos de unión.

5. Rogos e preguntas.