Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26481

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (850/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Sentenza.

En Santiago de Compostela o 6 de xuño de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social Número tres de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 850/2012, promovidos ante este xulgado do Social sobre despedimento, por instancia de Cristina Ayaso Santos contra Denim Sport Wear, S.L. (anterior Don Vaquero Sport Wear, S.L.), que non comparece, e Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Cristina Ayaso Santos fronte a Denim Sport Wear, S.L. (anterior Don Vaquero Sport Wear, S.L.) e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto con efectos do 30 de setembro de 2012. Considero efectuada a opción pola indemnización e declaro extinguida a relación laboral entre as partes con data desta resolución e condeno a empresa demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 23.266,43 euros en concepto de indemnización.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade, de conformidade co artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2013