No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o incidente de execución de extensión de efectos de sentenza (procedemento abreviado 143/2013), interposto por Mónica Mayo Moldes recaída en materia de diferenzas retributivas consecuencia da integración no réxime estatutario do persoal do Instituto Galego de Medicina Técnica –hoxe Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.–.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2013
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos