Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de xestión de residuos sólidos urbanos e doutros residuos sanitarios asimilables a urbanos (clases I e II) do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo e centros dependentes (AB-HLA1-13-002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa. Hospital Universitario Lucus Augusti.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3) Localidade e código postal: Lugo (27003).

4) Teléfono: 982 29 60 57.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: ana.maria.mallo.poy@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-HLA1-13-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión de residuos sólidos urbanos e doutros residuos sanitarios asimilables a urbanos (clases I e II) do Hospital Universitario Lucus Augusti.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Dr. Ulises Romero, nº1.

2) Localidade e código postal: Lugo (27003).

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90524400-0.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 228.197,88 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 91.279,15 euros.

Importe total: 100.407,07 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): R-5-A e S-4-A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 5.8.2013.

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalado nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2) Enderezo: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3) Localidade e código postal: Lugo (27003).

d) Número previsto de empresas as que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1.

c) Localidade: Lugo (27003).

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12.6.2013.

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 21 de maio de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte