Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26443

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión do premio do concurso de iniciativas cooperativas 2013.

Mediante a Orde do 4 de abril de 2013 (DOG nº 71, do 12 de abril), da Consellería de Traballo e Benestar, establecéronse as bases reguladoras do concurso de iniciativas cooperativas e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2013.

Nas bases reguladoras establécese que os proxectos presentados serán avaliados pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, que actuará como tribunal, e que a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social resolverá a concesión do premio, que será obxecto de publicación no DOG.

Unha vez aprobada a proposta do concesión do premio pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, encargada de avaliar os proxectos presentados, na súa reunión do 4 de xuño de 2013, e sen que fosen formuladas reclamacións,

DISPOÑO:

Facer pública a concesión compartida do premio do concurso de iniciativas cooperativas 2013 ao proxecto denominado Val de Lourenzá presentado baixo o pseudónimo Val de Lourenzá e ao proxecto denominado Proxecto Coop presentado baixo o pseudónimo Proxecto Coop.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social