Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26444

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios do Certame Cooperativismo no Ensino 2013, dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros educativos de Galicia.

Mediante a Orde do 4 de abril de 2013 (DOG nº 71, do 12 de abril), da Consellería de Traballo e Benestar, establecéronse as bases reguladoras do Certame Cooperativismo no Ensino, dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2013.

Nas bases reguladoras establécese que os traballos participantes neste concurso serán avaliados por un tribunal e que a persoa titular da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social resolverá a concesión dos premios, que serán obxecto de publicación no DOG.

Unha vez aprobadas as propostas de concesión dos premios polos tribunais encargados de avaliar os traballos presentados, na súa reunión do 3 de xuño de 2013, e sen que fosen formuladas reclamacións,

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios do Certame Cooperativismo no Ensino 2013 dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros educativos de Galicia, e que se relacionan no anexo que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO I
Certame Cooperativismo no Ensino 2013

– Modalidade de debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria, por categorías:

Categoría A: alumnos/as de 2º ciclo de educación infantil.

Premio ao mellor traballo: Xuntos somos un do CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo.

Accésit: todos traballamos do CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo.

Categoría B: alumnos/as de 1º e 2º de educación primaria.

Premio ao mellor traballo: Co pé racional do CEIP Manuel Bermúdez Couso.

Accésit: Diagnóstico hai que Co Operar do CEE Terra de Ferrol.

Categoría C: alumnos/as de 3º e 4º de educación primaria.

Premio ao mellor traballo: O código dunha cooperativa do CEIP San Miguel de Reinante.

Accésit compartido: A colmea cooperativa do CEIP O Coto.

Accésit compartido: Cooperando conseguimos grandes resultados do CEIP Domaio.

Categoría D: alumnos/as de 5º e 6º de educación primaria.

Premio ao mellor traballo: O ciclo dunha cooperativa do CEIP San Miguel de Reinante.

Accésit: Disfrutamos cooperando do CEIP Apóstolo Santiago.

– Modalidade de actividades cooperativizadas dirixido ao alumnado de primeiro e segundo ciclo de educación secundaria obrigatoria, por categorías:

Categoría E: alumnos/as do 1º ciclo da ESO.

Premio ao mellor traballo: A lenda de Gaia do IES Pedra da Auga.

Categoría F: alumnos/as do 2º ciclo da ESO.

Premio ao mellor traballo: Braccia: proxecto solidario e cooperativo do IES Pedra da Auga.

– Modalidade de proxectos empresariais cooperativos, dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros de formación profesional.

Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo: Certefigal, S. Coop. Galega presentado polo alumnado e profesorado do IES As Mercedes.

Accésit compartido aos proxectos empresariais finalistas: Naturación, S. Coop Galega presentado polo alumnado e profesorado do CIFP A Granxa, e Ecobrick, S. Coop. Galega presentado polo alumnado e profesorado do CIFP Someso.