Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación de Funcionarios da Deputación Provincial de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que:

No correspondente servizo desta dirección xeral se recibiu certificado da acta da asemblea xeral da Asociación de Funcionarios da Deputación Provincial de Ourense, celebrada o 31 de marzo de 2011, onde se reflicte o acordo de disolución da devandita asociación, acadado segundo establece o artigo 27 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social