Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN de erros. Cédula do 26 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á interesada a resolución de arquivamento da solicitude de cualificación provisional da promoción de vivendas de protección autonómica relativas ao expediente P09-VX-0040/10.

Advertidos erros na citada cédula, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 98, do 24 de maio de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 18462, no sumario, onde di: «Cédula do 26 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á interesada a resolución de arquivo da solicitude de cualificación provisional da promoción de vivendas de protección autonómica relativas ao expediente P09-VX-0040/10.»; debe dicir: «Cédula do 26 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á interesada o requirimento da documentación necesaria para emendar a solicitude de cualificación provisional da promoción de vivendas de protección autonómica relativa ao expediente P09-VX-0040/10.».

Na páxina 18462, onde di: «De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á interesada a resolución de arquivo da solicitude de cualificación provisional, por non emendala no prazo establecido.»; debe dicir: «De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á interesada o requirimento da documentación necesaria para emendar a solicitude de cualificación provisional.».

Na páxina 18462, onde di: «Asunto: arquivo da solicitude de cualificación provisional»; debe dicir: «Asunto: emenda da solicitude de cualificación provisional».