Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2013 Páx. 26533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013 pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios no porto de Porto do Son.

O ente público Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios no porto de Porto do Son (A Coruña) en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, dispoñendo para isto do prazo de 45 días que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, avda. Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles de 9.00 a 14.00 h. Así mesmo, a documentación estará á disposición na web www.portosdegalicia.com, no punto de planificación portuaria.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia