Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución do expediente 2012/1873, de autorización/denegación de inscrición no rexistro de operadores comerciais.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento 2012/1873, de autorización/denegación de inscrición no rexistro de operadores comerciais.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente ao seu domicilio, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo de Ourense, por ser a sede do órgano autor do acto impugnado, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da presente, de acordo co disposto nos artigos 8.2.b), 14.1.Segunda e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ambos os prazos cóntanse a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: 2012/1873.

Interesado: Evaristo Fernández Rivero.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: rúa Marcelo Macías, 35, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).