Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2013 Páx. 26016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para fomento das frondosas caducifolias número 12150093/2009 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 12150093/2009, 12150102/2009, 12150103/2009, 12150105/2009 e 12150107/2009 (Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselle aos interesados un prazo dun mes, contado a partir do seguinte á notificación da resolución, en que poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que estimen pertinente.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2012 no expediente de subvención núm. 12150093/2009.

Interesado: Ramón Juan Romero Carril.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2012 no expediente de subvención núm. 12150102/2009.

Interesada: Marta Isabel Sendón Coscoñas.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2012 no expediente de subvención núm. 12150103/2009.

Interesada: Silvina Dolores Touriñán Leiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 58, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2012 no expediente de subvención núm. 12150105/2009.

Interesado: Jesús Andrés García Touriñán.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2012 no expediente de subvención núm. 12150107/2009.

Interesada: María Aurora Paz Villar.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: apartado de correos 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).