Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2013 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración co Parlamento de Galicia, a Xornada sobre modelos institucionais rexionais-democracia rexional, conforme as seguintes bases:
1. Obxectivos.
– Dar conta dos principais modelos de democracia rexional existentes e o seu funcionamento actual.
– Afondar no coñecemento dos deseños institucionais e a proposta de liñas de mellora.
2. Contidos.
Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:
– Modelos institucionais rexionais-democracia rexional.
– Os modelos institucionais de democracia rexional nos Estados federais: a versatilidade do Estado federal.
– O funcionamento da democracia rexional en España desde a perspectiva dun Parlamento autonómico: posibles melloras institucionais.
3. Destinatarios.
Empregados públicos das administracións públicas de Galicia e interesados en xeral.
4. Desenvolvemento.
Lugar: Parlamento de Galicia, rúa do Hórreo 63. Santiago de Compostela.
Data e horario: 8 de xullo de 2013, en horario de mañá.
Duración: 3 horas lectivas.
5. Número de prazas.
Limitado pola capacidade do local.
6. Solicitudes.
As solicitudes irán dirixidas á directora da Escola Galega de Administración Pública (As Fontiñas, rúa Madrid 2-4, CP 15707, Santiago de Compostela), segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e serán presentadas no Rexistro Xeral da EGAP, ou ben de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Serán admitidas inscricións por medio de fax enviado ao número 981 54 63 30 ou por correo electrónico dirixido ao enderezo novas.egap@xunta.es
As persoas solicitantes poderán obter a confirmación da súa admisión se chaman por teléfono, das 8.30 ás 14.30 horas, aos seguintes números: 981 54 62 41-881 99 70 14.
7. Prazo.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 2 de xullo de 2013.
8. Modificacións.
A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.
9. Certificado de asistencia.
Ao final da xornada entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente, e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a data e o lugar de realización desta xornada.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2013
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO
Folla de inscrición
1. Solicitante |
Apelidos Nome DNI |
2. Datos profesionais |
Posto de traballo/profesión Corpo, subgrupo ou escala (1) Nivel (2) |
Entidade na que presta servizos: (3) |
Enderezo do posto de traballo: rúa núm. localidade provincia CP tel. Correo electrónico: |
3. Actividade solicitada |
Solicita asistir á Xornada sobre modelos institucionais rexionais-democracia rexional, que se desenvolverá no Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela, o 8 de xullo de 2013. Sinatura, .................................................., ......... de....................................... de 2013 Os datos de carácter persoal contidos no impreso poderán ser incluídos nun ficheiro para o seu tratamento por este órgano administrativo, como titular responsable deste, no uso das funcións propias que teñen atribuídas e no ámbito das súas competencias. Así mesmo, infórmase da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, todo isto de conformidade co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE do 14 de decembro) |
(1, 2 e 3): cubrir só en caso de ser funcionario ou funcionaria.
Directora da EGAP. As Fontiñas, rúa Madrid 2-4, CP 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)