Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25746

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1067/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1067/2010 deste xulgado, seguido por instancia de Miguel Rivadeneira Rodríguez e Ramón Mouriño Fresco contra Rayosil Electricidad, S.L., se ditou resolución de data 3.5.2013 cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Dispoño:

1. Estimar a solicitude de Ramón Mouriño Fresco e Miguel Rivadeneira Rodríguez de aclarar a sentenza ditada neste procedemento con data 20.3.2013, no sentido de que no seu feito probado sexto debe dicir:

“Sexto. A empresa tamén lles debe aos demandantes as mensualidades de setembro a decembro de 2009 inclusive, máis a paga extra de decembro de 2009 e as diferenzas de convenio desde xaneiro a decembro por importe a Miguel Rivadeneira de 4.171,77 euros e a Ramón Mouriño de 6.703,08 euros”.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Contra este auto non cabe interpor recurso sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor fronte á resolución aclarada».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva como notificación en legal forma a Rayosil Electricidad, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013