Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25623

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Triacastela

ANUNCIO de información pública de actividade suxeita a avaliación de incidencia ambiental.

Piensos Naturales de la Casa Grande de Santalla, S.L. solicitou licenza municipal para construción de nave para elaboración e fabricación de pensos na parcela 85 do polígono 21, en Santalla. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría do Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Triacastela, 6 de xuño de 2013

M. Olga Iglesias Fontal
Alcaldesa