Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25624

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de ampliación da delegación de competencias do Concello de Ames.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria do día 25 de xaneiro de 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«9. Aceptación da ampliación da delegación de competencias do Concello de Ames en materia de instrución dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

Aceptar a delegación de competencias en materia de instrución dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria acordada polo Concello de Ames.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia, conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2013

Diego Calvo Pouso José Luis Almau Supervía
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial da Coruña Provincial da Coruña