Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25261

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Decreto 80/2013, do 23 de maio, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 105, do martes 4 de xuño de 2013, segundo o establecido no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cómpre realizar as seguintes correccións:

1. Na páxina 20183, artigo 1, punto 4º, onde di: «Federación do Ensino Privado de Galicia»; debe dicir: «Federación Educación e Xestión de Galicia».

2. Na páxina 20186, artigo 2, punto 3º, onde di: «Federación do Ensino Privado de Galicia»; debe dicir: «Federación Educación e Xestión de Galicia».