Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, da instalación eléctrica de modificación número 2 LMT Cervantes-Navia, nos concellos de Cervantes e Navia de Suarna (expediente 013/2003 AT).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na Batundeira, 2, Velle (Ourense), aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 21 de maio de 2003 a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica LMT Cervantes-Navia, nos concellos de Cervantes e Navia de Suarna, presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado, que a desenvolve.

Segundo. Con data do 9 de setembro de 2004 a empresa beneficiaria presenta un anexo ao proxecto, onde corrixe as observacións feitas no informe técnico con data do 9 de marzo de 2004 da Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio.

Terceiro. Con data do 9 de maio de 2006 e debido ás peticións do Servizo de Conservación da Natureza, do concello de Navia de Suarna e dos veciños de Murias de Rao, a empresa beneficiaria presenta o modificado nº 1 ao proxecto LMT Cervantes-Navia.

Cuarto. Por Resolución do 13 de marzo de 2007 da extinta Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Lugo someteuse a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, a instalación modificado ao proxecto da liña de media tensión, centro de transformación e rede de baixa tensión Cervantes-Navia (DOG do 29 de marzo).

Quinto. Con data do 15 de maio de 2007 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental informa que o proxecto modificado nº 1 da LMT Cervantes-Navia está sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental.

Sexto. Con data do 6 de setembro de 2007 a empresa Unión Fenosa Distribución presenta o estudo de impacto ambiental da liña eléctrica de referencia.

Sétimo. Por Resolución do 24 de setembro de 2007, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de Lugo, someteuse a información pública o citado estudo de impacto ambiental (DOG do 23 de outubro).

Oitavo. Con data do 15 de novembro de 2010, e debido ás modificacións solicitadas polo Servizo de Conservación da Natureza, a empresa beneficiaria presenta o modificado nº 2 e o estudo de impacto ambiental do modificado nº 2.

Noveno. Con data do 12 de maio de 2011 a empresa Unión Fenosa Distribución presenta o anexo nº 1 ao modificado nº 2, motivado polos requirimentos contidos no informe técnico do Servizo de Enerxía e Minas do 2 de marzo de 2011.

Décimo. O proxecto e o estudo de impacto ambiental sometéronse a información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante Resolución desta xefatura territorial do 23 de novembro de 2011. Esta resolución foi publicada no diario El Progreso, no BOP de Lugo e no DOG do 16 de decembro de 2011, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios dos concellos de Cervantes e Navia de Suarna. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.

Décimo primeiro. Enviáronselles separatas do proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Décimo segundo. Durante o trámite de información pública non se presentou ningunha alegación.

Décimo terceiro. Con data do 26 de abril de 2013, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental da liña de referencia, publicándose no DOG do 24 de maio.

Décimo cuarto. Por persoal do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial emítese informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o disposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, informa o referido servizo que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica ás que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 57 da Lei 54/1997, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre as que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

A este feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Decreto 36/2001, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia e no Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (que modifica o anterior).

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da citada Lei 54/1997, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica modificado nº 2 ao proxecto LMT Cervantes-Navia, nos concellos de Cervantes e Navia de Suarna , coas seguintes características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea núa, Cervantes-Navia-tramo I, con orixe no apoio de formigón existente código 26-19 da LMTA existente, procedente da saída BEC807 (Cervantes) da subestación Becerreá, e remate no apoio de formigón proxectado nº 14, cunha lonxitude de 1.682 metros e unha tensión nominal e de servizo de 20 kV en condutor LA-56/54,6 mm2 en apoios proxectados/tipo: 8/HV, 2/HVH, 2CH E 2/C.

2. Liña de media tensión aérea núa, Cervantes-Navia-tramo II, con orixe no apoio tubular metálico proxectado nº 15 e remate no apoio de formigón proxectado nº 28, cunha lonxitude de 1.768 metros e unha tensión nominal de 20 kV en condutor LA 56/54,6 mm2 en apoios proxectados/tipo: 1/HVH, 11/CH-2/pórtico CH.

3. Liña de media tensión aérea núa derivación ao centro de transformación proxectado de Poso, con orixe no apoio de formigón proxectado nº 14 e remate no centro de transformación intemperie proxectado de Poso, cunha lonxitude de 10 metros e unha tensión nominal e de servizo de 20 kV en condutor LA 56/54,6 mm2.

4. Paso aéreo a soterrado media tensión proxectado sobre celosía metálica C-2000-12 existente procedente da saída BEC804 (Navia 4) da subestación Becerreá, cunha tensión nominal e de servizo de 20 kV.

5. Liña de media tensión soterrada Cervantes-Navia-tramo I, con orixe no paso aerosubterráneo proxectado no apoio de formigón proxectado nº 14 e remate no paso aerosubterráneo proxectado no apoio tubular metálico proxectado nº 15, cunha lonxitude de 1.623 metros e unha tensión nominal e de servizo de 20 kV.

6. Liña de media tensión soterrada, Cervantes-Navia-tramo II, con orixe no paso aerosubterráneo proxectado no apoio de formigón proxectado nº 28 e remate no paso aerosubterráneo proxectado sobre celosía metálica C-2000-12 existente, código 15-53, pertecente á LMTA existente e procedente da saída BEC804 (Navia 4) da subestación Becerreá cunha lonxitude de 1.287 metros e unha tensión nominal de 20 kV.

7. Centro de transformación intemperie emprazado en Poso cunha potencia de 50 kVA.

8. Liña de baixa tensión aérea con orixe no centro de transformación de Poso cunha lonxitude de 110 metros en apoios: 2/HV e 1/madeira.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución da instalación eléctrica modificado nº 2 LMT Cervantes-Navia, visado o día 13 de setembro de 2010 co número CO102862 polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, e asinado polo enxeñeiro industrial Rubén Menéndez Fernández, colexiado número 1380.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto do presente expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que polo representante da Administración se dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos publicada no diario El Progreso, no BOP de Lugo e no DOG do 16 de decembro de 2011, expostas no taboleiro de anuncios desta xefatura territorial e no taboleiro de anuncios dos concellos de Cervantes e Navia de Suarna. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas, se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante esta Xefatura Territorial de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto modificado nº 2 LMT Cervantes-Navia presentado pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que, en todo momento, se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. Deberase cumprir canto establece a lexislación técnica de liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, de acordo co Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, así como, de ser o caso, a lexislación aplicable ás instalacións de baixa tensión e as súas instrucións técnicas complementarias de acordo co Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, ademais do resto de normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa desta xefatura territorial.

Quinta. O prazo para a execución das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de notificación/publicación desta resolución.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial o outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

A publicación desta resolución realízase tamén para os efectos previstos no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 27 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo