Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24865

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (478/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 478/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Gayoso Fernández contra Esabe Vigilancia, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por José Gayoso Fernández, representado polo letrado Sr. Fernández García, contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., que non compareceu malia estar citada en legal forma, debo condenar e condeno a expresada empresa demandada a aboar á parte demandante a cantidade de mil cento dezaseis euros con cincuenta e seis céntimos (1.116,56), máis o 10 % por demora.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación, por razón da contía reclamada, que non supera os 3.000 euros.

E para que sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 5 de xuño de 2013

O secretario xudicial