Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de xuño de 2013, da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente IU2/48/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio da interesada.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o 13 de maio de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística respecto do volume das edificacións executadas que excede do autorizado polas licenzas de obra outorgadas para a construción nunha primeira fase de catro vivendas unifamiliares e en fase posterior outras catro vivendas, pista de tenis e piscina, na rúa Romana San Pedro, nº 14, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo á entidade Smanlus, S.L., mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle a interesada o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística