Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24873

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (7/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 7/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Helder Moreira Mestre contra a empresa XXL Producción e Loxística, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada, declaro a improcedencia do despedimento efectuado con efectos do 25 de novembro de 2011, declaro extinguida a relación laboral entre o demandante Helder Moreira Mestre e a empresa demandada XXL Producción e Loxística, S.L. na data da presente resolución ante a imposibilidade de readmisión e condeno a empresa a aboarlle ao demandante 10.076,65 euros en concepto de indemnización e 10.153,78 euros en concepto de salarios de tramitación calculados ata a data da presente sentenza.

Condeno a administración concursal e o Fogasa a estar e pasar por estar resolución.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignar o depósito de 300 euros e no caso da empresa condenada do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013

A secretaria xudicial