Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2013, de corrección de erros da Resolución do 31 de maio de 2013 pola que se anuncia a licitación do contrato harmonizado, por procedemento aberto multicriterio e trámite ordinario, da subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento da Residencia de Maiores do Carballiño.

Advertido erro no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación publicada no Diario Oficial de la Unión Europea do 5 de maio de 2013 (2013/S 107-182784), no Boletín Oficial del Estado nº 138, do 10 de xuño de 2013, e no Diario Oficial de Galicia nº 117, do 20 de xuño de 2013, procédese á súa corrección:

Primeiro. Na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (versión galego e castelán), no número 19. Solvencia técnica, onde di:

«Para ser admitidas á licitación, as empresas deberán acreditar a realización de polo menos tres subministracións que garden relación co obxecto do lote ou lotes a que se presenten e que supoñan un importe igual ou superior ao orzamento de licitación dese lote ou lotes. Cláusula 5.3.1.h) deste prego».

Debe dicir:

«Para ser admitidas á licitación, as empresas deberán acreditar a realización de polo menos unha subministración que garde relación co obxecto do lote ou lotes a que se presenten e que supoñan un importe igual ou superior ao orzamento de licitación dese lote ou da suma dos lotes. Cláusula 5.3.1.h) deste prego».

Así mesmo, na cláusula 5.3.1.h), Solvencia técnica, do prego de cláusulas administrativas particulares, onde di:

«Para ser admitidas á licitación, as empresas deberán acreditar a realización de polo menos tres subministracións que garden relación co obxecto do lote ou lotes a que se presenten e que supoñan un importe igual ou superior ao orzamento de licitación dese lote ou da suma dos lotes».

Debe dicir:

«Para ser admitidas á licitación, as empresas deberán acreditar a realización de polo menos unha subministración que garde relación co obxecto do lote ou lotes a que se presenten e que supoñan un importe igual ou superior ao orzamento de licitación dese lote ou da suma dos lotes».

Segundo. Proceder á publicación do texto corrixido nos puntos sinalados da folla de especificacións e do prego de cláusulas administrativas particulares.

Os textos corrixidos poderán consultarse no enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19004

Terceiro. Data de envío da dita modificación ao DOUE: 13.6.2013.

Cuarto. A publicación desta resolución modifica o prazo de presentación de ofertas, que finalizará o 22 de xullo de 2013, pero non sufrirán variación as datas de apertura de documentación do sobre B e do sobre C. Calquera posible variación de datas publicarase no perfil do contratante (http//www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19004).

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar