Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a Resolución do 9 de abril de 2013, revogatoria da axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia nº 14, do 20 de xaneiro de 2012), relativa ao expediente TR341D 2012/454-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin a vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 30 de maio de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/454-2.

Nome: Alberto González Fernández.

DNI/NIF: 33335058-P.

Último enderezo coñecido: rolda do Carme, 51, esc. A, 3º G, 27004 Lugo.

Procedemento: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Feito imputado: non achegar a documentación requirida no prazo previamente establecido.

Contido da resolución: revogatoria da axuda concedida para o emprego autónomo ou por conta propia.