Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2013 Páx. 24903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 2013/102-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Domicilio social: San Caetano, 15704 Santiago de Compostela.

Denominación: CS e CT para alimentación IES As Mariñas.

Situación: avenida da Coruña, s/n, Betanzos.

Características técnicas: centro de seccionamento prefabricado, formado por cela de entrada, cela de saída e cela de liña, 24 kV, 400 A. Liña de enlace entre CS e CT en cable RHZ1-2OL-12/20 kV, 3×(195 mm2 Al), lonxitude 4 m. Centro de transformación prefabricado composto por cela de entrada de liña, cela de protección, cela de medida, 24 kV, 400 V e transformador refrixeración natural en aceite 15/20 kV-400 V, 250 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 17 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña