Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (36/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 36/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Saco Carrasco contra Esabe Vigilancia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por Miguel Saco Carrasco, representado polo letrado Sr. Vila López, contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., que non compareceu malia estar citada en legal forma, e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado Sr. Linares Ferrer, debo condenar e condeno a expresada empresa demandada a aboar á parte demandante a cantidade de mil douscentos setenta e tres euros con vinte e sete céntimos (1.273,27), máis o 10 % por demora, e debo absolver e absolvo o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzalo nos casos legalmente previstos.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación, por razón da contía reclamada, que non supera os 3.000 euros.

E para que sirva de notificación en forma a Esabe Viglancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 4 de xuño de 2013

O secretario xudicial