Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2013 pola que se acorda abrir información pública con motivo da solicitude de modificación de titularidade con respecto á parcela 1088 do expediente expropiatorio iniciado con ocasión das obras do treito 2, vía Ártabra V.G. 1.3, enlace Meirás-Veigue, AC-526 (clave AC/04/156.01.2), no termo municipal de Oleiros.

Con data do 31 de marzo de 2009 tivo lugar o levantamento da acta previa á ocupación do predio 1088, cunha superficie e bens afectados de 757 m2 de solo rústico de protección forestal e monte, e 757 m2 arboredo (plantación eucaliptal), a nome de Josefa Pan Illanes.

Manuel Pan Illanes reclama a titularidade do predio. En outubro de 2010 solicítase documentación a Manuel Pan Illanes e este achega copia da acta de operacións particionais do caudal de Josefa Illanes Cajigal, ben que da documentación achegada non queda suficientemente acreditada a identidade do predio que figura en escrituras coa afectada polo procedemento expropiatorio.

Así mesmo, reclama o predio José Couto Meirama e achega certificación catastral do predio correspondente ao polígono 8, parcela 746.

En decembro de 2012 dáse trámite de audiencia a Manuel Pan Illanes, para os efectos de recoñecer a titularidade a José Couto Meirama, sen que reciba o dito trámite de audiencia.

Con base no artigo 86 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase dar publicidade á solicitude de cambio de titularidade e abrir información pública durante un prazo de 20 días contado desde o seguinte ao da publicación do presente para que os interesados poidan formular alegacións. Enténdese que de non presentalas no prazo indicado non existe oposición a ela, polo que se procederá a efectuar o cambio solicitado a herdeiros de José Couto Meirama.

A Coruña, 27 de maio de 2013

Antonio López Blanco
Xefe do Servizo de Infraestruturas da Coruña