En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que:
No correspondente servizo desta dirección xeral recibiuse certificado da acta da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns Grupo Norte, onde se reflicte o acordo de disolución da devandita asociación, acadado segundo establece o artigo 36 dos seus estatutos.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2013
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social