Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fan públicas varias resolucións correspondentes a solicitudes do programa de promoción de emprego autónomo do ano 2011.

Intentada a notificación destas resolucións segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avda. da Habana, 79, 7ª planta, en Ourense, e a obter, se é o caso, copia desta resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de maio de 2013

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2011/1758-3.

Nome ou razón social: Mª José Quintela Bernárdez.

DNI/NIF: 44473428F.

Último enderezo coñecido: rúa San Pedro, 3, 2º A, 32005 Ourense.

Tipo de axuda: subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia.

Contido da resolución: denegatoria.

Data da resolución: 12 de xuño de 2012.

Orde da convocatoria das axudas: Orde do 17 de marzo de 2011 (DOG nº 60, do 25 de marzo).

Nº de expediente: TR341D 2011/1759-3.

Nome ou razón social: Mª José Quintela Bernárdez.

DNI/NIF: 44473428F.

Último enderezo coñecido: rúa San Pedro, 3, 2º A, 32005 Ourense.

Tipo de axuda: axuda excepcional.

Contido da resolución: denegatoria.

Data da resolución: 12 de xuño de 2012.

Orde da convocatoria das axudas: Orde do 17 de marzo de 2011 (DOG nº 60, do 25 de marzo).

Nº de expediente: TR341D 2011/1760-3.

Nome ou razón social: Mª José Quintela Bernárdez.

DNI/NIF: 44473428F.

Último enderezo coñecido: rúa San Pedro, 3, 2º A, 32005 Ourense.

Tipo de axuda: subvención pola primeira contratación indefinida.

Contido da resolución: denegatoria.

Data da resolución: 12 de xuño de 2012.

Orde da convocatoria das axudas: Orde do 17 de marzo de 2011 (DOG nº 60, do 25 de marzo).