Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación do aproveitamento hidroeléctrico de Fervenza II, no concello de Dumbría, provincia da Coruña (expediente IN408A 2005/11-1).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, presentada por Ferroatlántica, S.A.U., das instalacións que se describen a continuación:

Solicitante: Ferroatlántica, S.A.U.

Domicilio social: estrada ao Mirador, s/n, Ézaro, 15279 Dumbría.

Denominación: aproveitamento hidroeléctrico de Fervenza II.

Municipios afectados: Dumbría (A Coruña).

Características técnicas:

Aproveitamento hidroeléctrico no río Xallas, constituído basicamente por:

– Caudal máximo derivado: 32.000 l/s.

– Cota de captación: 285 m.s.n.m.

– Cota do leito en descarga: 261,5 m.s.n.m.

– Cota de restitución: 261,65 m.s.n.m.

– Salto bruto: 23,35 m.

– Salto neto máximo: 21,32 m.

Un grupo xerador coas seguintes características básicas:

– Turbina: Kaplan de eixe horizontal.

– Salto neto: 21,32 metros.

– Potencia nominal turbina para 32.000 l/s e 21,32 metros: 6.300 kW.

– Xerador trifásico de eixe horizontal de 7.000 kVA.

– Factor de potencia: 0,9.

– Tensión de xeración: 6 kV (+/- 5 %).

A enerxía xerada a 6 kV condúcese conxuntamente coa producida pola central de Fervenza I ata unha nova subestación de intemperie, que se construirá nas inmediacións, coa finalidade de elevar a tensión ata os 66 kV e a súa evacuación á subestación de Ponte Olveira.

A mencionada subestación de intemperie constará de:

– Transformador elevador de potencia de 12 mVA, cunha relación de transformación de 6/66 kV.

– Un transformador de servizos auxiliares de 100 kVA.

– Instalacións de protección, manobra, mando, sinalización, control, medida, interconexión e posta a terra.

Obxecto da información pública:

A declaración de utilidade pública das instalacións. Esta declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/2007, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figura no anexo que se insire con esta resolución.

Por medio da Resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 31 de maio de 2007 autorizouse administrativamente a instalación e aprobouse o proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico no Xallas da nova central de Fervenza II.

O que se fai público para xeral coñecemento e, especialmente, dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examinar o expediente en que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, praza Luís Seoane, s/n, 15071 A Coruña, e presentar as súas alegacións no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

RBDA de minicentral de Fervenza II - IN408A 2011/11 - Concello de Dumbría

Propietario/a

Parcelas

Afeccións minicentral

Pleno dominio

Pol.

Parc.

Concello

Cultivo

Lugar

Vía

Toma

Condución

Central

Quintáns Suárez, Manuel

1

21

28

Dumbría

Prados

Fervenzas

902,83

 

 

 

Concello de Dumbría

2

21

9004

Dumbría

Vía de comunicación de dominio público

 

1.124,36

 

 

 

Sieira Andrade, Elena

3

21

27

Dumbría

Árbores de ribeira

Fervenzas

783,56

 

 

 

Augas de Galicia

5

21

9200

Dumbría

Hidrografía natural

Río Xallas

165,85

 

 

1.056,30

Concello de Dumbría

6

21

9001

Dumbría

Vía de comunicación de dominio público

Estrada Olveira-encoro

 

 

12,50

 

Concello de Dumbría

7

8

9061

Dumbría

Vía de comunicación de dominio público

Estrada Olveira-encoro

 

 

13,59

 

Augas de Galicia

8

8

9206

Dumbría

Hidrografía natural

Encoro de Fervenzas

 

 

16,33

 

Augas de Galicia

9

8

9205

Dumbría

Hidrografía natural

Encoro de Fervenzas

 

979,00