Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2013 Páx. 24714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expedientes OU-5/2013 RE e OU-8/2013 RE).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 3 de xuño de 2013

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-5/2013 RE.

Denunciado: Ion Stefan.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-8/2013 RE.

Denunciado: Talleres Adrián.

Acto notificado: resolución de expediente.