Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013 pola que se procede á publicación de requirimentos de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 9 de abril de 2013 que estableceu as bases reguladoras e anunciou a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxías renovables (Diario Oficial de Galicia núm. 73, do 16 de abril).

O órgano instrutor do procedemento administrativo mencionado no artigo 12.1 da citada Resolución do 9 de abril de 2013, en diante bases reguladoras, está a analizar as solicitudes presentadas para as diversas tecnoloxías previstas no seu anexo I (Normas por tecnoloxía aplicada).

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda referidos ás seguintes liñas de axuda:

– Enerxía solar térmica (IN421A).

– Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas (IN421B).

– Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas (IN421C).

– Caldeiras de biomasa (IN421D).

O artigo 9.2 das bases reguladoras, que regula a emenda de solicitudes, dispón: «Tales requirimentos de emenda serán notificados de acordo co establecido na Lei 30/1992; porén, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da devandita lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no DOG e a través do taboleiro electrónico habilitado para estes efectos na páxina web do Inega (www.inega.es), onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai. Poderase facer indicación expresa de que os seguintes actos administrativos do procedemento serán notificados a través do citado taboleiro».

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) daquelas solicitudes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recollen no anexo desta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no taboleiro electrónico, ao cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas a instalacións enerxías renovables 2013».

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 9.1 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda ao requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, considerarase que o solicitante desiste na súa petición e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Solicitudes suxeitas a emenda de documentación

Grupo I: enerxía solar térmica

Código de solicitude

Nome/Razón social

NIF

IN421A/13R108

Nilo López Martínez

76544016Q

IN421A/13R309

Rodrigo Eduardo Ramos Ardá

32597598C

IN421A/13R333

Jesús García Barreiro

76519312Z

IN421A/13R376

María Josefa Ríos Luaces

33802595R

Grupo II: enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas

Código de solicitude

Nome/Razón social

NIF

IN421B/13R60

María Lourdes González Meijome

35290950A

IN421B/13R64

José Anido Yáñez

33822094L

IN421B/13R75

Amalia Paleo Riveira

33997387Y

Grupo III: enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas

Código de solicitude

Nome/Razón social

NIF

IN421C/13R190

Panadería Altamira, S.L.

B36537124

IN421C/13R191

SAT Saa nº 1270 Xuga

V36487320

IN421C/13R220

José Carlos Vales Fernández

33252814N

IN421C/13R221

María José Pardo Fandiño

76350934L

Grupo IV: caldeiras de biomasa

Código de solicitude

Nome/Razón social

NIF

IN421D/13R55

Jonatan Lechuga Maquieira

35573671P

IN421D/13R561

Balbina Miguélez Fernández

10151544B

IN421D/13R1050

Dolores Muñiz Almón

44078676G

IN421D/13R1096

Rosa Luaces Rodríguez

34118967P

IN421D/13R1172

Alberto Luis Torres Caldas

35284487A

IN421D/13R1196

Comunidade de propietarios Catasol 25

H27038330

IN421D/13R1250

Mario Gay Varela

33319948D

IN421D/13R1265

Rodolfo Rúa Cid

34973541V

IN421D/13R1314

Meijomin, SL

B36527513

IN421D/13R1322

Casa Colmenares, S.L.

B27323302

IN421D/13R1340

Maderas Masma, S.L.

B27034727

IN421D/13R1377

Gerardo Chousa Díaz

33835889Z

IN421D/13R1387

Juan Luis Ríos Arnejo

76355395H

IN421D/13R1391

Integra Telecomunicación Seguridad y Control, S.A.

A15776925

IN421D/13R1401

María José López Méndez

45429213G

IN421D/13R1402

María Consuelo Vázquez Carril

33203438V

IN421D/13R1405

Josefa Recarey Vázquez

B15441744

IN421D/13R1421

Pilar Peréz Diz

34727167L

IN421D/13R1422

Ramón López Quintela

76511944Y

IN421D/13R1426

Emilia Martínez Martínez

36016660V

IN421D/13R1428

Marcos Nieves Salgado

44451970P

IN421D/13R1430

Iván Quintana López

34262906J

IN421D/13R1457

José Manuel Sánchez Romero

78785896V