De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto: 00996, VAC Tui (incluído enlace autovía a Portugal) A Guarda. Treito III: Goián-A Guarda. Clave: PO/03/009.01.3.
Concello: O Rosal.
Provincia: Pontevedra.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.
Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.
Persoa que se notifica |
Data do acto que se notifica |
Nº expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
Juan José Otero Martínez Celestino González Baquero Hros. Carlos Gándara Romero Celestino González Baquero Forestal Mantenimiento de Plantaciones, S.L. Ana María López Martínez Ana María López Martínez |
27.12.2012 27.12.2012 27.12.2012 27.12.2012 7.2.2013 27.12.2012 27.12.2012 |
2011003560 2011003568 2011003584 2011003595 2011003613 2011003617 2011003646 |
2096-1 2172 2276 2365 2604-1 2617 2752-1 |
4.582,55 2.505,62 6.173,48 611,86 2.383,24 14.512,03 1.218,05 |