Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ACORDO do 12 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral do Mar, polo que se amplía o prazo do trámite de información pública do Plan Director de Acuicultura Litoral e todos os documentos que o integran.

Polo Acordo do 26 de marzo de 2013, e para os efectos previstos no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométense a información pública o Plan Director de Acuicultura Litoral e todos os documentos que o integran.

Dado o interese xeral xurdido e a demanda comunicada a esta secretaría xeral dun prazo maior para o estudo do plan sectorial e para a presentación de alegacións, o prazo de información pública acordado con data do 26.3.2013 ampliarase por un total de quince días hábiles e rematará o día 2 de xullo.

O acordo de ampliación de prazos anunciarase nun dos xornais de maior circulación na Comunidade Autónoma.

A documentación estará dispoñible co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinala e achegar as alegacións que considere oportunas na Secretaría Xeral do Mar. San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Durante este prazo poderá consultarse nos seguintes enderezos:

http://www.intecmar.org/esga/PDAL/Default.aspx

http://www.intecmar.org/esga/PDAL/Cartografia.aspx

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar