Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2013 pola que se dá publicidade á modificación do artigo 3 dos estatutos da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña.

Mediante a Resolución do 3 de xuño de 2013, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro acordou a ratificación e posterior inscrición no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións (libro 2º) da modificación do artigo 3 dos estatutos da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña, referente ao seu domicilio social, que queda redactado do seguinte xeito:

«A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da provincia da Coruña ten o seu domicilio social provisionalmente e para todos os efectos legais en Porto do Son, Peirao, s/n, código postal 15970 A Coruña. O Comité Executivo pode acordar o cambio de domicilio e dar conta diso á Xunta Xeral e á consellería competente en materia de pesca.»

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro