Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e con tramitación ordinaria, do servizo integrado dun helicóptero e os técnicos coordinadores de medios aéreos con destino á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2013, 2014 e 2015, proposta 3/13-I (expediente 17/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integrado que prestará un (1) helicóptero e os técnicos coordinadores de medios aéreos, ao longo dun período de prestación de servizos de vinte e catro (24) meses de contrato. Durante este período realizaranse catro incorporacións, que abranguerán un período mínimo total de prestación de servizos de doce (12) meses.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: a execución do contrato, desenvolverase nas anualidades 2013, 2014 e 2015, de acordo co establecido no PPT, unha vez formalizado o correspondente contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 60442000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: os recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 1.081.920,00 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 2.872.400,00 € (incluídas posibles prorrogas e ampliacións)

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo, categoría): grupo R, subgrupo 6, categoría C, segundo punto I da carátula.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo as letras J e K da carátula.

7. Garantía exixida. Definitiva: 54.096,00 € (5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas), 981 54 74 41/981 54 60 63 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18926

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 8 de xullo de 2013.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 11.00 horas do 17 de xullo de 2013.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: establecemento de obrigas contractuais esenciais (cláusula AA da carátula).

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de maio de 2013.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar