Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 23982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de xuño de 2013 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU1/101/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio do destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Camilo Ares Pérez, en representación da mercantil Camilo Ares, S.L., no expediente IU1/101/2012, en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 9 de abril de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras de recheos de terra e residuos procedentes da construción no lugar de Telleira-O Vilar, no termo municipal de Mugardos, provincia da Coruña.

O expediente mencionado está á disposición do interesado nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que xulgue procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística