Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 23921

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios de diversas especialidades das escalas de profesores numerarios e de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

A necesidade de cobertura transitoria de postos adscritos á Consellería do Medio Rural e do Mar, das escalas de profesores numerarios e de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, así como o establecemento de novas especialidades na Orde da Consellería do Mar do 9 de maio de 2011, fai necesaria a elaboración de novas listas.

Polo exposto, de conformidade co Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo) polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, esta dirección xeral acorda realizar a convocatoria para a elaboración das ditas listas, de conformidade coas seguientes bases:

Primeira. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados ás escalas de profesores numerarios e de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, nas especialidades que se especifican no anexo I da presente resolución.

Segunda.

O ámbito territorial das listas será único para toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira. Requisitos que deberán posuír os solicitantes

Para ser admitidas/os nas listas, os/as aspirantes deberán posuír, na data de presentación da solicitude, os seguintes requisitos:

3.1. Idade: ter cumpridos dezaseis años e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

3.2. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún estado en que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

3.3. Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título que para cada unha das escalas se especifica no anexo I.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación, de ser o caso.

3.4. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

3.5. Habilitación: non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para os empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de funcionarios.

No caso de ser nacional doutro estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

3.6. Coñecemento da lingua galega: estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Cuarta. Solicitudes

4.1. Os interesados/as en formar parte das listas deberán presentar a instancia conforme o modelo que se encontra á súa disposición na páxina web da Xunta de Galicia
(www.xunta.es) na epígrafe «Listas de contratación», subepígrafe «Xeración de solicitudes».

4.2. As instancias dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e presentaranse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.3. O prazo para a presentación de instancias comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de xullo de 2013, de acordo o establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006.

Quinta. Documentación

Xunto coa instancia deberá presentarse fotocopia compulsada dos seguintes documentos:

a) DNI ou pasaporte.

Estarán exentos da presentación os interesados que manifesten na solicitude o consentimento expreso para que o órgano convocante poida acceder á comprobación dos seus datos de identidade.

b) Titulación académica e demais requisitos exixidos para cada especialidade no anexo I desta resolución.

c) Documento xustificativo de estar en posesión do Celga 4 o equivalente debidamente homologados polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

d) Xustificante de ter aboadas as taxas administrativas por dereitos de inscrición.

Sexta. Taxas

6.1. De conformidade coa la Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, o importe das taxas que se aboará en concepto de dereitos de inscrición ascende a 16,98 euros.

6.2. Están exentos do pagamento, de acordo co sinalado no artigo 23.5 da citada lei:

Do importe total da taxa:

a) As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe da taxa:

a) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

b) As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e non perciban prestación ou subsidio por desemprego.

Os solicitantes exentos do pagamento da taxa marcarán esta opción na solicitude, imprimirana e presentarana, antes da finalización do prazo fixado, xunto co orixinal ou copia debidamente compulsada dos seguintes documentos xustificativos da exención do pagamento, segundo o suposto en que se encontren.

Discapacitados:

a) Certificado de discapacidade.

Familia numerosa ordinaria ou especial:

a) Certificado de familia numerosa de carácter ordinario ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

Demandantes de emprego:

a) Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que o/a aspirante figura como demandante de emprego, ininterrompidamente, desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria.

b) Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que non perciben prestación ou subsidio por desemprego.

6.3. Os solicitantes que non estean exentos de pagamento, poderán aboar as taxas:

a) Nas entidades financeiras autorizadas.

Para tal efecto utilizarán os impresos que están á súa disposición no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Tamén poderán descargar o impreso na páxina web da Consellería de Facenda, epígrafe «Tributos», premendo no enlace «Taxas e prezos» no menú da marxe esquerda, a seguir «confección on-line de impresos» e por último «Modelo A1. Autoliquidación de taxas».

A presentación do xustificante do ingreso das taxas, en que non figure o selo da entidade bancaria con indicación da data, determinará a exclusión do solicitante.

b) A través da páxina web da Consellería de Facenda.

Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de ter aboada a taxa e achegarase xunto coa instancia.

En ningún caso, a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación en tempo e forma da solicitude.

6.4. O importe aboado en concepto de dereitos de inscrición devolverase, tras os trámites correspondentes, só aos aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguiente ao da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas definitivas.

Séptima. Orde de prelación

7.1. A orde de prelación dos solicitantes virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

7.2. Para dirimir os empates de puntuación aplicarase o previsto no artigo 10 do Decreto 37/2006.

7.3. A actualización de méritos será efectuada anualmente de oficio pola Administración, conforme o previsto no artigo 12 do Decreto 37/2006.

Oitava. Elaboración das listas

8.1. A comisión permanente central prevista no artigo 4 do Decreto 37/2006 será a encargada de elevar ao titular da Dirección xeral da Función Pública o anuncio da exposición das listaxes provisionais e definitivas de admitidos e excluídos para a súa publicación no DOG.

8.2. Estas listaxes, en que se indicará a puntuación obtida por cada candidato, poderán consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Novena. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da pùblicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde a mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 46 e 14.2 de la Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Corpos e escalas de persoal funcionario

Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros

Grupo

Corpo/escala

Especialidade

Titulación académica/requisitos

Ámbito

A1

2093-08

Comunicacións

– Oficial Radioelectrónico de 1ª clase da M.M.

Autonómico

A1

2093-09

Máquinas e Instalacións mariñas

– Xefe/a de Máquinas da Mariña Mercante

– Licenciatura en Máquinas Navais

– Enxeñería Naval, Oceánica ou Industrial

Autonómico

A1

2093-10

Procesos sanitarios

– Licenciatura en Medicina e Ciruxía

Autonómico

A1

2093-11

Formación e orientación laboral

– Licenciatura en Empresas

– Licenciatura en Económicas

– Licenciatura en Dereito

– Licenciatura en Admón. e Dirección de Empresas

Autonómico

Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros

Grupo

Corpo/escala

Especialidade

Titulación académica/requisitos

Ámbito

A2

2094-03

Servizos ao Buque

– Diplomatura en Navegación Marítima

Autonómico