Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 3 de xuño de 2013 pola que se fai pública unha resolución relativa ao expediente da convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (DOG do 1 de decembro) correspondente ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), faise pública a resolución relativa á convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (DOG do 1 de decembro) da avaliación previa á asignación para o complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, xa que, intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido practicar. Esta resolución foi ditada polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia aprobados pola Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

A persoa citada no anexo deberá comparecer persoalmente ou debidamente representada, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido da resolución e deixar constancia da notificación dela, advertindo que, en caso de non comparecer no prazo indicado, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

A citada resolución pon fin á vía administrativa e o/a interesado/a poderá interpoñer contra ela recurso de reposición ante o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben ser impugnada directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes,
Avaliación, Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Juan Carlos Mejuto Fernández

33318351E

51/1-11-C